Un castañeiro de sangue granate
Por Redacción
Estas castañas non 'hai que roelas', pero case, porque o posto de venda de castañas da praza de Compostela viste desde este venres de granate.
Paco Pazos, fillo do ilustre castañero da Ferrería, Valentín Pazos, que iniciou a súa actividade no ano 1956, decorou a súa máquina con motivos relacionados co Pontevedra Club de Fútbol en virtude dun acordo asinado coa entidade.
Paco, coñecido afeccionado granate, leva vendendo castañas desde o ano 1977, cando empezou con só 10 anos, e pretende con esta colaboración dar unha maior visibilidad ao club da súa cidade, á vez que espera "volva algún día a Primeira División", segundo explicou o Pontevedra ao anunciar o convenio.