Os celadores retoman as mobilizacións ante a falta de contratación no CHOP
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Tras un descanso nas mobilizacións, coincidindo coa tempada estival, e ante a ausencia de cambios na súa situación, os celadores apuntados nas listas laborais do Complexo Hospitalario de Pontevedra decidiron retomar as protestas.
Os traballadores denuncian de novo que a xerencia "no cubre las bajas y los compañeros doblan turnos", segundo asegura Teresa González, o que entenden remata por repercutir na atención sanitaria.
A Coordinadora de Celadores das Listas de Contratación aseguran que "hay celadores que hacen el trabajo de tres personas", o que prexudica ademais aos 600 traballadores anotados nas listas e que apenas traballan.
Segundo as voceiras da coordinadora, Teresa González e Silvia Castillo, "antes si alguien estaba en el puesto 150 de la lista trabajaba nueve o diez meses, ahora estando en el 100 trabaja uno o dos".
Por este motivo, apoiados polos sindicatos CCOO e FSP, os celadores convocaron unha primeira manifestación o próximo venres, 8 de novembro, ás 20:00 horas, que partirá da entrada do Hospital Provincial.
RESPOSTA DO SERGAS
Mediante un comunicado o servizo de prensa do Sergas, sinala que "en todo o sistema de saúde, non só no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, se están a realizar menos contratacións eventuais que o ano pasado. Isto é debido, fundamentalmente, a que baixou de xeito importante a incidencia da incapacidade laboral (prodúcense menos baixas) e tamén se reduciron os días de libre disposición, o que leva consigo unha menor necesidade de substitución. Pero séguense realizando as contratacións que son necesarias, a través das listas de persoal eventual".
"Non é certo que se cubran as substitucións dobrando quenda ao persoal de equipo, nin tampouco coa realización de horas extras", di o comunicado.
Por último, "recordar que as listas son unha ferramenta que permite un criterio obxectivo de selección de persoal temporal, pero a realización de contratos debe de someterse aos principios de eficiencia na xestión. Sempre garantindo a calidade asistencial que se presta a pacientes e usuarios".
Relacionadas:
-
Os celadores manifestanse nas proximidades do Hospital para reclamar contratacións ao SERGAS
Por Redacción |
-
Os celadores denuncian que a "parálise" das listas de contratación do CHOP "empeora a asistencia aos pacientes"
Por Oskar Viéitez |
-
Concentración de celadores ante a delegación de Sanidade
Por Redacción |