As obras de saneamento en Cuntis estarán listas para o próximo verán
Por Diego Espiño
As melloras no saneamento de Cuntis non entrarán en servizo "ata maio ou xuño do vindeiro ano", segundo recoñeceu o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, nunha visita ás obras iniciadas hai aproximadamente un mes no tramo urbano da N-640.
Xunto ao alcalde de Cuntis, Antonio Pena, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, Hernández inspeccionou os traballos polos que se instalarán ata catro quilómetros de canalizacións e construirase un tanque de tormentas ao lado da actual depuradora.
O obxectivo das obras, incluídas dentro do Plan Umia, céntranse en "mellorar a calidade das augas do río Gallo e polo tanto do Umia", segundo defendeu o conselleiro, optimizando a xestión das augas pluviais e dos colectores de augas residuais para evitar que en época de chuvias o caudal chegue a vertirse directamente ao río.
A Xunta destina a estes traballos ao máis de 1,3 millóns de euros.