Deteñen un mariñense por realizar unha ameaza de bomba nun hotel
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Marín detiveron o xoves 31 de outubro un home de 50 anos de idade, veciño de Marín, como presunto autor dun delito de desordes públicas.
Segundo o comunicado policial, o detido realizara varias chamadas ao Servizo de Emerxencias do 112 para comunicar que unha bomba ía estalar no Hotel Liberdade de Marín. Non foi necesario desaloxar o establecemento porque se encontra baleiro.
O grupo local da Policía Xudicial iniciou unha investigación a partir desas chamadas e logra identificar e deter a persoa que telefonara. Instruíuse un atestado policial que foi remitido ao Xulgado de Instrución de Garda de Marín.