A Escola Naval rende homenaxe os seus defuntos cun sinxelo acto no cemiterio da Raña
Por Redacción
A Armada Española, e no seu nome a Escola Naval Militar, ofreceu este sábado unha homenaxe aos defuntos da Mariña Española. Foi no panteón que teñen habilitado no cemiterio da Raña, en Marín.
O acto estivo presidido polo capitán de navío, comandante e director da Escola Naval, Juan Luís Sobrino Pérez-Crespo, que estivo acompañado por unha comisión de oficiais, suboficiais e militares de Mariñeiría e Tropa.
Ademais, a Banda de Música da institución desprazouse ao cemiterio municipal de Marín para rezar un responso polo persoal da Armada falecido, logo de facer unha ofrenda floral no camposanto.
Este acto sinxelo e emotivo contou cun responso polos falecidos, unha ofrenda floral e unha oración mariñeira en recordo dos defuntos.