Anova critica a "improvisación" dos cortes na Barca e pide diálogo con veciños e comerciantes
Por Redacción
Anova Pontevedra súmase ás críticas pola reordenación de tráfico da ponte da Barca. Critican a "improvisación" do goberno local nesta actuación e recordan que "as presas non son o camiño á hora de artellar cambios nunha das principais arterias de entrada e de saída na nosa cidade".
O "experimento" do Concello de Pontevedra está a crear, segundo esta formación política, "importantes problemas" para as persoas que utilizan este vial, en forma de atascos e longas colas. Para buscar unha solución aos problemas que se están a producir, Anova considera que o goberno local debe atender e actuar en base aos traballos dos técnicos e a opinión da veciñanza e dos pequenos comerciantes.
Asegura o voceiro de Anova, Daviz Carballal, que botan en falta "un verdadeiro debate público e interactivo entre a veciñanza e as institucións locais" co fin de desenvolver e diseñar o modelo de cidade que precisa Pontevedra.
Ademais, sinalan a súa preocupación "pola cada vez máis patente división que se está a producir dentro do goberno local". Cren que a escenificación de discrepancias e falta de diálogo ao redor deste tema "deixa en evidencia a preocupante descoordinación coa que o actual goberno bipartito está a actuar en diversos temas de moita importancia para a nosa cidade".
Unha ausencia de comunicación e entendemento que tamén denuncian entre os gobernos de Poio e Pontevedra, ya que cualifican como "cando menos curioso que o alcalde de Poio se entere das intencións do goberno local pola prensa".
Relacionadas:
-
Moreira: "Los vecinos apuestan ya por un cambio en el Concello"
Por Oskar Viéitez |
-
Os comerciantes de Echegaray recollerán firmas para esixir a reapertura da Barca
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Poio rexeita o corte de tráfico na ponte da Barca imposto "unilateralmente" por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Estudan que os cambios na circulación aplicados no contorno da Barca sexan definitivos
Por Alejandro Espiño |