"Estamos ante un día triste", asegura a Xunta sobre o "golpe irreversible para Galicia" que supón a sentenza de ENCE
Por Diego Espiño
A Xunta de Galicia defendeu que "estamos ante un día triste" tras coñecer a sentenza da Audiencia Nacional anulando a prórroga da concesión a ENCE na súa actual localización de Lourizán.
Segundo o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, a decisión terá "impacto no sector forestal, no sector loxístico... en definitiva é un golpe irreversible para Galicia".
Para o responsable do goberno autonómico "dificilmente nestes momentos podemos avaliar o seu impacto real".
Conde defende que se trata da consecuencia de "unha decisión política neste caso do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, que teñen decidido pechar unha empresa e polo tanto condicionar o futuro de 500 familias que neste momento están nunha situación de non retorno".
Trátase, asegura o conselleiro, dunha situación "inxusta porque non parece razoable que por unha decisión política se estea condenando o emprego industrial en Galicia".
Por último o vicepresidente económico da Xunta pediu ao "goberno do Partido Socialista apoiado polo BNG, que ten tomado esta decisión, poña enriba da mesa as alternativas que poidan atenuar o impacto desta decisión", aludindo á repartición de fondos europeos como posible vía para "dar unha resposta á súa propia decisión que é pechar ENCE".
Relacionadas:
-
"As sentenzas deben cumprirse", advirte o Ministerio de Transición Ecolóxica tras a anulación da prórroga a ENCE
Por Diego Espiño |
-
ENCE esgotará "todas as vías xurídicas" para defender a legalidade da súa prórroga
Por Alejandro Espiño |
-
Caballero insta a Feijóo a propoñer unha ubicación alternativa para a fábrica de ENCE
Por Redacción |
-
O PSOE celebra a sentenza de ENCE e insta a Feijóo a buscar "de inmediato" alternativas de traslado
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pontón ve un "triunfo" a sentenza de ENCE e pide ao PP e á empresa "asumir a derrota"
Por Alejandro Espiño |
-
A decisión da Audiencia Nacional é, segundo Lores, un "fracaso estrepitoso" do "cambalache ilegal" entre o PP e ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez lamenta que o futuro de 500 familias de Pontevedra "se ensombrezca"
Por Alejandro Espiño |
-
A Audiencia Nacional anula a prórroga de ENCE
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada