Rouba o bolso a dúas mulleres por método do tirón
Por Oskar Viéitez
Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra detiveron a un mozo 23 anos de idade, veciño de Pontevedra, natural da República Dominicana, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con violencia.
Os feitos remóntanse ao día 21 de outubro cando presentaban denuncia nestas dependencias dúas mulleres que foran vítimas dun roubo con intimidación utilizando o método do tirón.
En ambos caso o feito había ter lugar nas inmediaciones da Praza da Pedreira, segundo relataron ambas mulleres trataríase dun mozo que tras achegarse ás vítimas arrebatáballes o bolso que portaban colgado ao ombreiro cun forte tirón.
Nun dos casos a vítima tivo que recibir asistencia sanitaria tras resistirse e caerse ao chan para evitar que lle subtraesen o bolso.
Esta muller foi asistida nun primeiro momento por unha ambulancia no lugar dos feitos que a trasladou ao hospital Montecelo onde lle curaron as feridas na cara provocadas pola caída.
arrebatáballes o bolso que portaban colgado ao ombreiro cun forte tirón
A raíz da denuncia os axentes iniciaron as investigacións para tratar de pescudar a identidade do agresor.
O día 26 de outubro os axentes localizaron ao presunto autor dos dous "tiróns" procedendo á súa detención por un delito de roubo con violencia.
O detido manifestou de forma voluntaria aos axentes que aínda tiña en casa un dos bolsos que lle arrebatou a unha das vítimas, do que fixo entrega voluntaria aos axentes e de cuxo interior a vítima botou en falta a súa documentación e 150 Euros.
Unha vez tramitado o correspondente ateigado policial, o detido foi posto a disposición do Xulgado de garda de Pontevedra.