Volve a Belle Epoque a Cuntis
Cuntis trasladouse por un día a finais do século XIX. A segunda edición da Festa da Belle Epoque demostrou a boa acollida que esta iniciativa tivo na localidade. Centos de persoas gozaron dunha xornada chea de actividades lúdicas e festivas coas que trataba de recrear unha das épocas de maior esplendor das vilas termais en Galicia.
Durante toda a xornada, veciños e visitantes deixáronse ver polo centro do pobo ataviados con traxes da época, vistosos peiteados ou os clásicos bañadores cos que os usuarios do balneario dábanse os seus baños medicinais nas augas termais. E é que na Belle Epoque e nos seus anos posteriores, balnearios como o de Cuntis eran referencia obrigada para as personalidades do momento.
A organización preparou un programa repleto de actividades: teatro, actuacións musicais, xogos infantís, paseos en carruaje, comidas populares e menús especiais en once establecementos hosteleros do centro ou un mercado de artesanía que atraeu a atención dos curiosos. Pero sen dúbida, un dos maiores atractivos foron as viaxes en globo que se podían realizar durante a tarde.
O broche de ouro púxoo a cea baile Belle Epoque que se celebrou nas instalacións do balneario Termas de Cuntis, no que todos os asistentes debían ir perfectamente vestidos ao estilo da época que recreaba esta festa: desde finais do século XIX ata os anos 20.