Principio de acordo en Treves que, agás sorpresa, evita a folga prevista para el lunes 23
Por Redacción
Durante unha longa xornada de negociación, o comité de empresa de Trèves e a dirección da empresa chegaron a un principio de acordo que, se non xorde ningún inconveniente, desconvocará a folga na factoría do Polígono do Campiño, que tiña previsto o seu inicio para a noite do luns 23.
O presidente do comité, David Couñago, mostrábase satisfeito polos avances logrados durante esta xornada e asegura que se solucionaron os puntos que provocaran a convocatoria do paro. A empresa comprometeuse a que unha entidade externa mida os tempos de traballo que nestes momentos realizan os empregados da factoría e a ergonomía dos postos. Ademais ofreceu garantías para garantir as condicións de traballo do equipo que manifestara o seu temor a que se producisen accidentes laborais debido ás condicións nas que estaban a desenvolver os seus labores cun alto ritmo de traballo.
O luns 23 ás 9:00 horas volverán reunirse os representantes do comité coa dirección da empresa para pechar o acordo. E ese mesmo mediodía está convocada unha asemblea de traballadores que decidirá se aproba ese acordo e se suspenden a folga. Segundo manifestaba David Couñago, " se a empresa cumpre con todo ou que manifestou, non hai motivos para ir á folga".