Fernández Lores: "Moitas das cousas que Europa reivindica, nos xa as temos feitas"
Por Oskar Viéitez
"Guten Morgen", saudou os xornalistas, Miguel Anxo Fernández Lores, Bürgermeister del Concello de Pontevedra.
O rexedor comparecía nunha rolda de prensa non convocada desexoso de trasladar o "éxito" obtido no congreso Walk 21, o evento máis importante en materia de mobilidade peonil que acaba de celebrarse na cidade alemá de Múnic.
Fernández Lores destacou que "a experiencia foi moi interesante" e que se sentiu "moi orgulloso" de representar a Pontevedra neste Congreso.
O alcalde interpreta esta participación como un "refrendo" ao modelo urbano que o equipo de goberno está a aplicar no municipio e que, despois de comprobar as políticas de mobilidade que se están "empezando a aplicar" en Europa, sitúan á cidade do Lérez en vangarda.
Así Lores mostrou a Carta Internacional do Camiñar que asinou xunto a outros alcaldes de diferentes cidades do mundo e confirmou que "moitas das cousas que aquí se reivindican nos xa ás temos feitas, polo que parece que imos polo camiño correcto", sinalou "o que nos anima a seguir traballando nesta liña".
E puxo un exemplo: "cando estaba no medio da miña intervención e falei da velocidade 30 e dixen que a zona 30 nos xa a temos aplicada dende o ano 2010. Foi o aplauso máis grande de todos cantos houbo alí".
"Cidade 30, somos nós. Eu non conocín a ningunha que fora cidade 30", resumiu o alcalde. "Os cidadáns deben sentirse orgullosos de que se estea a mirar a Pontevedra con admiración nestes aspectos", concluíu.