Protestan contra Xunta e Concello pola alta tensión
Por Oskar Viéitez
Os veciños de Monteporreiro xa perderon a conta de todas as concentracións que levaron a cabo tras cinco anos de loita para que as administracións eliminen o cableado de alta tensión que pasa sobre as súas cabezas.
A última movilización tivo lugar na tarde do venres. Protestan polos incumplimientos de Xunta e Concello de Pontevedra.
Tiñan a esperanza de poder cumprir este ano cun dobre obxectivo: poñer en marcha a guardería e soterrar os cables da alta tensión. Quédalles o segundo.
O portavoz veciñal, Angel Mario Lago lamentou que cando estaba todo listo para acometer esta obra "a burocracia e os partidos políticos rifan e demostran unha falta de interese que non nos entra na cabeza".
Refírese ao intento errado da asociación O Mirador de forzar un acordo entre as administracións local e autonómica e a empresa Gas Natural-Unión Fenosa.
O convenio entre Xunta e Concello para acometer esta obra asinouse no ano 2007, pero de novo volven xurdir as discrepancias entre administracións, que se botan a culpa mutuamente.
O máis problemático xa está feito: a galería soterrada, a ficha de empalme na rúa Alemania, incluso a cimentación das dúas torretas novas, únicamente queda baixar os cables e canalizalos pola condución baixo terra, o menos custoso.
O caso é que había unha liña de axudas de Industria destinada a Monteporreiro que o concello derivou á liña eléctrica da illa dás esculturas "para non perder o diñeiro".
Os veciños non se renden. "Nós imos insistir e non lles imos a dar máis prazo, as movilizacións teranse que intensificar na medida do posible", dixo Angel Mario Lago.
Tras esta concentración esperan unha resposta ás solicitudes de entrevista cursadas ante as administracións "queremos esgotar a vía do diálogo e logo xa recorreremos a outras movilizaciones maiores".
Igualmente informarán da situación ás autoridades competentes na Unión Europea.
Relacionadas:
-
Bará pide á Xunta que obrigue a Fenosa a soterrar a liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O Bloque pedirá á Xunta o soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta devolve ao tellado do Concello o atraso no soterramento da alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Cores Tourís asegura que o Concello "discrimina" aos veciños de Monte Porreiro por non soterrar a liña de alta tensión
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo reclama a Unión Fenosa que substitúa os postes deteriorados
Por Redacción |