Sanxenxo rifa aos fumadores incívicos que enchen as praias de cabichas
Por Oskar Viéitez
O concellaría de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo pide aos fumadores que demostren actitudes cívicas como usuarios das praias do municipio.
E é que o elevado número de cabichas de cigarros que depositan na area está a xerar malestar e denuncias que son presentadas no departamento municipal que dirixe José Luis Rodríguez.
O edil recordou que o Concello de Sanxenxo realizou distintas campañas entregando cinceiros apropiados para o seu uso nas praias, pero insistiu en que "aínda que con elo se contribúe a evitar que se desboten algunhas cabichas, non é a solución senón que ás boas prácticas dependen exclusivamente do grao de implicación dos bañistas co coidado dos espazos naturais dos que gozan e do respecto que amosen aos demais usuarios".
Neste sentido, José Luis Rodríguez recordou que a Administración local carece de competencias para prohibir fumar nos areais "algo que esta Concellería tampouco levaría a cabo" polo que apelou á conciencia cidadá dos fumadores para evitar estas situacións.