Detida por furtar xoias de gran valor da casa dunha veciña e vendelas en Vilagarcía
Por Redacción
A Garda Civil detivo unha veciña de Vilanova de Arousa como suposta autora do furto dunha importante cantidade de xoias que supostamente subtraeu nunha vivenda próxima ao seu domicilio.
A investigación comezouna a Garda Civil de Vilagarcía de Arousa no mes de xuño a raíz da denuncia presentada por unha veciña de Vilanova que relataban que alguén collera xoias de gran valor da súa casa e descoñecía quen podía ter sido.
Realizadas as pescudas oportunas para a localización das xoias substraídsa, os axentes comprobaron que a suposta autora era unha veciña coa que a vítima mantiña certa inimizade persoal e que vendera varias xoias nun establecemento de Vilagarcía
Segundo a Garda Civil, a denunciante recoñeceu "sen ningún xénero de dúbidas" as xoias vendidas como súas e sinalou que eran só unha parte do botín substraído.
A Garda Civil detivo á detención de A.R.R.S, de 49 anos de idade, como presunta autora dun delito de furto e se continúa a investigación para a recuperación da totalidade do subtraído. Pola súa banda, o Xulgado de Garda de Vilagarcía decretou a liberdade con cargos da arrestada.