A Consellería de Sanidade arquiva o expediente ao xerente do CHOP
Por Oskar Viéitez
A consellería de Sanidade arquivou o expediente ao xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), José Manuel González.
A consellería reconoce que González mantén a xerencia do CHOP ao mesmo tempo que é apoderado dunha empresa mercantil, pero non o considera ningún problema, xa que ate o momento "non ten coñecemento de que exercera as súas funcións nesta empresa ".
A deputada pontevedresa do PSdeG-PSOE, Patricia Vilán, que o pasado mes de marzo fixo unha pregunta escrita ao Executivo sobre estes aspectos, lamentou este xoves que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, non considere grave que o xerente do CHOP sexa apoderado dunha empresa privada ao mesmo tempo, tal e como denunciaron os traballadores do centro.
Na súa resposta parlamentaria a consellería de Sanidade pídelle a José Manuel González "que renuncie a dito apoderamento para non ter que usar esa facultade mentres sexa un cargo directivo do SERGAS".
A deputada socialista lamenta a "permisividade coa que actúa a Consellería cunha persoa que mentres dirixe un hospital público ten un cargo executivo nunha empresa privada, vulnerando a lei de compatibilidades e a de saúde co simple argumento de que non fixo uso das súas facultades e decida arquivar o expediente informativo aberto a José Manuel González".
Patricia Vilán considera "moi tibia" a decisión da conselleira de Sanidade de pedirlle ao xerente do CHOP "case como se fose unha recomendación dun amigo" que renuncie a súa actividade privada "en lugar de abrir un proceso sancionador ante unha falta moi grave para un cargo público da seu departamento".
Relacionadas:
-
Piden a Sanidade e a Feijóo o cese "fulminante" do xerente do CHOP polas súas incompatibilidades
Por Alejandro Espiño |
-
José Manuel González: "Este gerente no ha desempeñado ni está desempeñando ninguna actividad privada"
Por Oskar Viéitez |
-
A oposición pregunta polas denuncias contra o xerente do CHOP por incumplir a Lei de incompatibilidades
Por Oskar Viéitez |