Os concelleiros populares demandan ao equipo de Fernández Lores que asfalte a Rúa das Olivas
Por Redacción
O Grupo Municipal do Partido Popular continúa coas súas visitas polo rural pontevedrés. Este xoves acudiron á parroquia de Marcón onde chamaron a atención dalgunhas estradas "por estar nun estado máis que deplorable, que levan máis de 14 anos sen asfaltar, e que provocaron máis dun problema aos condutores".
Días atrás o PP xa denunciou situacións moi similares en Campañó, Lourizán e Salcedo, "zonas con estradas e pistas polas que o equipo de Fernández Lores non fixo nada dende que entrou no Concello", declararon os populares nun comunicado.
Os concelleiros do PP, María José Rodríguez, Rosa Picallo, Eloísa Nogueira e Miguel Meijón estiveron acompañados por representantes veciñais na súa visita.
"A Rúa das Olivas é o caso máis impactante. Trátase dunha vía moi transitada por traballadores e pacientes do Hospital Montecelo na que existen fochancas de gran tamaño que dificultan moito o paso dos vehículos ", así o PP reclama ao Concello que asfalte a vía canto antes e evite que se sigan producindo accidentes.
"Só poñen parches nalgunha focha cando alguén rebenta unha roda do coche"
"Só poñen parches nalgunha focha cando alguén rebenta unha roda do coche, pero xa é hora de que despois de tantos anos no Concello, Fernández Lores faga algo por estes veciños e asfalte a rúa axeitadamente", comentou María José Rodríguez.
Así mesmo, segundo os edís populares, os veciños tamén pediron unha solución á Rúa das Pereiras, outra das máis utilizadas para chegar ao complexo hospitalario. Neste caso si se asfaltou algunha vez, "pero os residentes non entenden como o estado da vía é tan malo despois dos arranxos e piden unha reforma efectiva".
Relacionadas:
-
Miguel Filgueira: "Paréceme unha falta de criterio que a oposición diga que non facemos nada nas parroquias"
Por Diego Espiño |
-
Arranxar o muro dunha casa en Lourizán, nova demanda do PP Local
Por Redacción |
-
Os populares pídenlle ao Concello que dote a Salcedo dunha Escola municipal de Música
Por Oskar Viéitez |