Acima fai un balance satisfactorio da Festa da Cigala
Por Oskar Viéitez
A Asociacion de comerciantes e industriais de Marín (ACIMA) fai un balance satisfactorio da Festa da Cigala. Dende a asociación sinalaron nun comunicado que empezaron a festa "con perdas, que xa asumiramos con anterioridade, polo que estamos moi orgullosos de ter suspendido esta edición, xa que esta era para celebrarse os días 26, 27 e 28 de xullo e que debido ao accidente ferroviario acontecido en Santiago se suspendeu".
Acima apunta que a organización deste evento gastronómico "supón uns catro meses de traballo" non obstante presumen de ter conseguido poñela en marcha "en vinte días, xa que se lle tivo que buscar outras datas de celebración".
Os comerciantes marinenses afirman estar orgullosos de recuperar como marco de esta festa a Alameda de Marín, "á que volvemos despois de 12 anos".
Sobre a rendibilidade económica da XIX Festa da Cigala celebrada os días 23, 24 e 25 de agosto unha vez finalizada esta, "os seus resultados son satisfactorios", aseguran xa que "se superaron as previsións de venda na carpa". Como exemplos, citan dende Acima que o día 25 de agosto "ás 13:00 horas se rematara o viño que estaba previsto para a venda e se tivo que asumir poñer outra marca de albariño. Sobre a cigala houbo que repoñer ese mesmo día máis cigala da que había prevista. En xeral, ás 22:00 horas do domingo 25 de agosto, quedou sen existencias de todos os produtos que se estaban a ofertar na carpa".
E engaden que "o 2º festival da canción da Cigala que se realizou o sábado 24 foi un éxito e polo que o domingo 25 de agosto puxemos un grupo musical que non estaba previsto".
Finalmente dende a organización da Festa da Cigala recordan que este evento "se leva celebrando varios anos sen ningún tipo de axuda económica por parte das Administracións Públicas".
Relacionadas:
-
A cigala chega este ano a Marín tamén en empanada de lamprea
Por Redacción |
-
Cigalas para todos! Que ningún marinense quede sen elas...
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A XIX Festa da Cigala xa ten nova data: o 23, 24 e 25 de agosto na Alameda de Marín
Por Redacción |
-
Queimada 'de libro' en Marín
Por Redacción |