Comeza a 'Operación asfaltado' en 30 rúas
Por Oskar Viéitez
Co curioso nome de 'Operación asfaltado' o concelleiro, Luis Bará, anunciou unha serie de obras que se van acometer con carácter inmediato en 30 rúas da cidade con problemas de "pavimento, accesibilidade e seguridade" con vistas ao outono-inverno.
Estas obras xa empezaron na Santiña, pero ao longo de todo este mes de setembro acometeranse as rúas.
- Rotonda de Alexandre Bóveda e rúa Rafael Areses (xunto á Policía Local)
- Eduardo Pondal dende a rotonda de Vialia ata a rúa 12 de Novembro
- Conde Bugallal e a zona dos Xulgados
- Varios puntos na Avenida de Bos Aires e o tramo completo dende a praia fluvial ata a entrada en Monteporreiro
- Germán Adrio, ao completo
- Loureiro Crespo, entre o antigo cuartel da Garda Civil ata a rúa José Malvar
- Enrique Marescot e Prudencio Landín e Xeneral Martitegui
Ademais as brigadas de obras municipais acometeran obras de menos envergadura pero co mesmo obxectivo. O concelleiro Luis Bará asegurou que se evitarán facer cortes de tráfico simultáneos para non entorpecer o tráfico.
O presuposto destinado a esta Operación asfaltado, alcanza o medio millón de euros.