Aconsellan os viticultores que extremen a vixilancia do mildiu antes da vendima
Por Redacción
Técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro aconsellan a vixilancia para evitar a aparición de mildiu sobre a cepa ante os cambios climáticos dos últimos días. Aínda que non se estimou que sexa preciso aplicación de tratamento, non se descarta desenvolver un tratamento dirixido a zonas de brotes en crecemento para evitar unha potencial defoliación antes da vendima, no caso de aparecer un número elevado de manchas.
No caso do oidio, os síntomas atopados na revisión de follas e ácimos das plantas non supoñen a necesidade de tratar a enfermidade. Dende a estación recordan que as plantas que posúen moitos ácimos nietos, estos deben ser eliminados porque son sensibles ao oidio e o posible raxado da súa pel pode incrementar o risco de ataque de botritis se se dan condicións favorables ata a vendima.
Aínda así, o clima seco dos vindeiros días fai que os técnicos de Areeiro aconsellen esperar a aplicar tratamento ata 21 días antes da vendima, empregando sempre un funguicida cun prazo de seguridade menor ou igual, ou ata a data límite de tratamentos fixada por cada bodega.