Peche ao tráfico dun carril na Avenida de Compostela
Por Redacción
O Ministerio de Fomento comunica a realización de reposición do desvío provisional que con motivo da execución dun túnel para as obras do AVE realizouse na Avenida de Compostela.
As obras comezarán o luns 2 setembro a partir das 08:00 horas e terá unha duración de catro días.
As obras implicarán o peche dun carril de circulación.
O tráfico de entrada á cidade será desviado por Médico Ballina e Ponte de Monte Porreiro. Garantirase o tráfico de saída cidade.