Accidente laboral no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo
Por Redacción
Segundo informou o 112 ás 11.37 horas tivo lugar un accidente laboral "consistente nunha caída" en Cotorredondo, no concello de Vilaboa.
O accidente produciuse nas dependencias do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, dependente da consellería de Medio afectando a un traballador en prácticas vinculado a este servizo.
Segundo informaron dende o gabinete de comunicación da Consellería de Medio Ambiente, o traballador, un veterinario, "sufriu un mareo" polo que se requiriu asistencia médica. Estas mesmas fontes restaron importancia ao suceso.
Ata o lugar do suceso acudiron Urxencias Médicas e Protección Civil de Vilaboa. Ademais, ao tratarse dun accidente laboral compareceron no lugar do suceso axentes da Garda Civil.