Susto en Aguete pola rotura da suxeición da rampa de acceso a un dos pantaláns do porto
Por Alejandro Espiño
Un novo suceso deixou en evidencia as mellorables condicións nas que se atopa o porto deportivo de Aguete (Marín). A rotura da suxeición da rampa de acceso a un dos seus pantaláns deu un bo susto. Ocorreu sobre a unha da tarde do sábado. Aínda que non se coñecen todavía oficialmente as causas deste incidente, todo apunta ao forte vento e ao mal estado de parte das instalacións.
"Evidentemente es una chapuza más por parte de Portos de Galicia", sinalou Alejandro Martínez, directivo do Real Club de Mar de Aguete. Segundo relatou a PontevedraViva, no momento da rotura da anclaxe "soplaba un viento del norte muy fuerte", pero non o suficiente para que a estrutura se soltase "si estuviese en buenas condiciones". E é que asegura que o club está "marginado" por parte do organismo autonómico.
"Es triste que tengamos que resignarnos a este trato", continuou. Afirma que o único que piden é ter "una marina segura y un puerto de abrigo", unha esixencia que, insistiu, non vén só de parte dos socios do club ou dos usuarios das embarcacións de recreo. "Es una demanda de los pescadores profesionales y de las embarcaciones tradicionales, porque cualquier día aquí va a haber una desgracia".
Por sorte, no momento no que se soltou a rampa de acceso ao pantalán sur non había ninguén na zona, polo que non houbo que lamentar danos persoais. Tampouco se produciron danos en ningunha das embarcacións, aínda que dúas delas tiveron que ser movidas ao estar demasiado preto da rampa. "Y gracias a Dios porque si hubiese gente estaríamos hablando de algo mucho más serio", apuntou Alejandro Martínez.
E é que o directivo do Real Club de Mar de Aguete recordou que, ata o pasado xoves, nese pantalán estaban amarrados os barcos franceses que participaban no rally A Baule-Galicia. "Y a esto se une que el pantalán norte sigue sin energía eléctrica en la mitad de su longitud, lo que han tenido que sufrir los visitantes franceses", dixo Martínez, lamentándose da imaxe que se levaron destas instalacións.
Neste sentido, Alejandro Martínez sinalou a necesidade de acometer un plan integral para a Bahía de Aguete que reordene todo o espazo, pero mantendo intacta a praia e toda a súa contorna. "Eso es irrenunciable, porque para el turismo náutico también es muy importante que la playa esté en las mejores condiciones", sinalou. Pero dubida que se leve a cabo porque "es un problema de voluntad política".
"Se hacen puertos y muelles en cualquier parte y aquí no sé qué pasa, cuando somos el único club náutico de estas características en este lado de la ría", reiterou o comodoro do Real Club de Mar de Aguete. E cre que aí está o problema. "Hay mucho interés en la cara norte de la ría, en Combarro, Raxó, Sanxenxo o Portonovo y aquí estamos totalmente marginados", denunciou. Algo que considera é "un despropósito".
Con respecto ao estado no que quedou o pantalán, o Real Club de Mar de Aguete deu orde de pechar con "candado y llave" o seu acceso para impedir que alguén poida acceder ao pantalán en ditas condicións de perigo. Informouse a Portos de Galicia, responsable do mantemento do porto, para que solucione o problema canto antes e descubra o motivo polo que se produciu este incidente.