"Apatrullando" a ría no Tornado. A súa primeira misión: combatir o paro
Por Oskar Viéitez
Na ría de Pontevedra podemos ver esta semana ó Tornado. ÿ o navío máis moderno cos que conta a flota española: un barco modular, capaz de cumprir distintas funcións "como na loita contra a piratería, combater a contaminación mariña", e cun maior alcance.
Xunto co Meteoro, o Rayo e o Relámpago, é o cuarto Buque de Acción Marítima (BAM) que constrúe Navantia para a Armada Española.
En principio o Estado tiña previsto contratar un total de nove barcos, corría o ano 2004 e España vivía días felices e prósperos, pero a situación do país cambiou e o Tornado foi o último barco en saír das gradas do asteleiro español.
a súa construcción supuxo o empreo de 6.000 persoas
O buque, ao mando do capitán de corbeta Eduardo Guitián Crespo, ten unha dotación de 45 persoas e unha eslora de 93,20 metros.
O barco cheira a novo, apenas acaba de ser estreado e atópase no periodo de "rodaxe". Por iso está na Ría de Pontevedra. A Escola Naval militar de Marín dispón dun dos radares de máis alta resolución e nas augas pontevedresas está practicando diferentes situacións de escora para ser "case invisible aos radares".
Ademáis o Tornado está servindo de escaparate para amosar ao mundo as altas capacidades do asteleiro Navantia.
O buque "cento por cento español", é unha xoia que por apenas 80 millóns de euros ofrece unha gran versatilidade, tecnoloxía avanzada, gran capacidade para permanecer longo tempo no mar, baixo custo de mantemento cunha plantilla reducida de apenas 45 persoas.
participará na misión "Atalanta" contra a piratería no Indico
Un produto de vangarda, polo que xa se interesaron as Armadas de Estados Unidos, Australia, Noruega, Qatar e ata Brasil. Todo un reclamo, para lograr contratos para os asteleiros españois xa que a súa construción supuxo o emprego de 6.000 persoas (directa ou indirectamente).
O seu sistema de combate, o Scomba, é netamente español e foi desenvolvido por Faba, a antiga fábrica de artillería de Bazán agora reconvertida a tarefas máis tecnolóxicas.
Estas patrulleiras están armadas e equipadas para intervir en incidentes en alta mar, pero tamén para desenvolver estudos oceanográficos ou tarefas de vixilancia medioambiental.
En 2013 participará na misión "Atalanta" contra a piratería no Indico pero de momento podemos dicir que a súa primeira misión esta a ser para combatir o paro e captar contratos que poidan dar traballo aos asteleiros españoles...