Rescatan unha moza tras caer nas pozas da Freixa
Por Redacción
A caída dunha moza nas pozas da Freixa, na Insua, provocou un complicado operativo de rescate que rematou coa muller nun centro hospitalario de Pontevedra.
Os feitos remóntanse a minutos despois das 18:00 horas do domingo, cando a moza se precipitou sobre a poza recibindo un forte golpe.
Debido á dificultade de acceso ao lugar, os servizos de emerxencia precisaron da intervención do helicóptero de salvamento Pesca 1, que despois de varias horas de espera conseguiu rescatar á muller e evacuala, ferida, ao hospital.
Ao lugar desprazáronse tamén efectivos do 061, Bombeiros e Garda Civil.