Un menor relata que o presunto pederasta de Cruz Vermella o 'compraba' con chuches e bocatas
Por Natalia Puga
Rafael L.V., coñecido como 'Chito', podería ter pagado diñeiro a un dos menores está dos que acusado de abusar sexualmente e dado chuches e bocatas a outro dos nenos. Este intercambio de bens por favores sexuais figura na versión dos feitos que deron as dúas presuntas vítimas na Comisaría, pero non puido ser verificado aínda polos investigadores.
As dúas vítimas que, ata o momento, teñen localizadas os investigadores son dous irmáns de 11 e 13 anos de nacionalidade romanesa. O máis pequeno, de 11 anos, foi localizado na noite do domingo acompañando a 'Chito' nun faiado da súa vivenda da rúa Cruz Vermella de Pontevedra e xa foi sometido a un exame forense.
Ademais, en presenza dos seus pais, relatou aos axentes que investigan o caso que coñecía presunto pederasta, de 70 anos, dende facía 4 ou 5 anos e que a cambio de manter algún encontro de contido sexual co detido lle tería dado chuches e bocata.
As presuntas vítimas relatan que coñeceron a 'Chito' hai 4 ou 5 anos mentres xogaban na praza da Castaña
O maior dos dous irmáns, de 13 anos, confirmou que facía ese mesmo tempo que se conocian, pero engadiu que recibira diñeiro de Rafael L.V. para subir con el ao seu faiado en máis dunha ocasión. Non transcendeu cando comezaron eses encontros.
A investigación está aínda pendente de que se achegue un exame médico do neno de 13 anos, pero, polo momento, descártase que o acusado tivese cometido un delito de agresión sexual coas súas vítimas, tería abusado deles, pero sen existencia de penetración de ningún tipo. Tampouco parece que existan imaxes deses encontros, aínda que é un extremo que aínda se está a investigar.
As dúas presuntas vítimas non declararon aínda ante o xuíz, pero si ante a Policía Nacional na Comisaría en presenza dos seus pais. Aquí relataron, segundo fontes próximas á investigación, que coñeceron a Rafael L.V. mentres xogaban na praza da Castaña, na rúa Cruz Vermella. Foi fai 4 ou 5 anos, empezaron xogando ao fútbol e cos patíns e pouco a pouco foron tendo máis confianza, de tal forma que o acusado pasou a chamalos polo seu nome de pila e, máis tarde, a propoñerlles os encontros sexuais no seu faiado.
Os pais dos menores declararon na Comisaría que eles descoñecían eses encontros sexuais, pois viven nunha rúa próxima, no ámbito do estadio da xuventude, e os seus nenos adoitaban xogar na praza da Castaña. Segundo sosteñen, nunca sospeitaron que en lugar de xogar subían ao rocho de 'Chito'.
A xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra decretou o martes o ingreso en prisión provisional sen fianza do imputado por posibles delitos de abusos a menores e agora inhibirase noutra sala diferente, o caso pasará ao Xulgado número 3 porque era o que estaba de garda o día en que se produciu a detención do acusado.
Os investigadores descartan, en principio, que hubera agresón sexual, pero si abusos
O novo xulgado deberá decidir se o acusa de só un delito de abusos sexuais ou de máis e se tamén lle atribúe indución á prostitución. Isto último dependerá de se se confirma que daba chuches ou diñeiro ás súas presuntas vítimas. Polo delito de abusos pode ser condenado con ata seis anos de cárcere e pola indución á prostitución, ata cinco anos e o pagamento dunha multa.
O detido, que malia a súa idade segue en activo traballando na empresa de xastraría dun amigo, é coñecido en Pontevedra pola vinculación con diversos clubs de fútbol e por traballar durante anos como adestrador de equipos de fútbol de diferentes categorías de base na cidade e en distintas parroquias. Estivo vinculado ata ao Club Deportivo Nodais, o Unión Sampaio e, na súa última etapa, á Sociedade Deportiva Alba. O seu traballo profesional non está relacionado con menores.
O home foi detido ' in fraganti' pola Policía Nacional o domingo sobre as 23.00 horas en compañía do neno de 11 anos. Estaban nun rocho no mesmo edificio da rúa Cruz Vermella no que o detido reside habitualmente coa súa única irmá e os axentes presenciaron a escena. Foi todo grazas a unha chamada anónima, pois os axentes das policías Local e Nacional xa tiñan denuncias dos posibles comportamentos pedófilos de 'Chito' dende hai un ano, pero nunca antes tiñan sosprendido en ningunha actitude sospeitosa.
Relacionadas:
-
'Chito' Lavía, condenado a seis anos de cárcere por abusar de dous menores
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Audiencia de Pontevedra xulgará este xoves a Chito Lavía por abusar de dous menores
Por Oskar Viéitez |
-
Prisión para un septuaxenario por abusar de polo menos dous menores nun faiado de Cruz Vermella
Por Natalia Puga |