Caldas de Reis xa goza dunha nova captación de auga
Por Oskar Viéitez
O conselleiro en funcións de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, inaugurou a nova captación de Caldas de Reis, en cuxas obras investiiu algo máis de 600.000 euros a cargo da Xunta.
Na súa visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, o socialista, Juan Manuel Rey, xunto ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
A actuación foi reclamada polo Concello para duplicar a capacidade de almacenamiento da localidade cun novo depósito de 2.200 metros cúbicos.
Ademáis poderanse liquidar os problemas de fornezo derivados da presenza masiva da cianobacteria Microcystis no embalse do Umia, unha situación que se repite anualmente ao finalizar o verán afectando á estación de tratamento de auga potable (ETAP) ao colapsar os filtros.
Os traballos tamén incluíron a construción de dous pozos na marxe dereita do río.
CLESA
Aproveitando a súa estancia en Caldas de Reis, o presidente da Deputación de Pontevedra inspeccionou hoxe obras que a institución provincial está a acometiendo, con fondos propios, nas explanadas das naves de produción da empresa Clesa, nesta localidade.
Segundo xustificou Louzán, a intervención deriva de que a firma é unha cooperativa "coa que hai que colaborar polo seu interese produtivo e de xeración de riqueza e emprego".
Os traballos supoñerán mellóraa de accesos ás naves, ás entradas ás zonas de produción, de carga e descarga e de oficinas, así como o roce e limpeza de toda a leira.
A intervención supón un investimento de 100.000 euros.