O xacemento de Valentín García Escudero será cuberto, en parte, cun parque infantil
Por Redacción
Os traballos de cubrición dos xacementos da Praza de Valentín García Escudero xa está practicamente finalizados, segundo indicou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luis Bará, e polo momento só mantense pendente do cambio do valado exterior e da creación dunhas senllas exteriores que faciliten a mobilidade peonil na zona.
Segundo o concelleiro, o resultado vai ser acorde para a zona. Nos traballos nos que participaron catro empresas conta cun presuposto de máis de 80.000 euros.
O concelleiro sinalou que está previsto que se inicie agora a instalación dun parque infantil cun presuposto 59.800 euros e se situará entre a praza do Peirao e a parada de autobús. O proxecto contempla un barco de pesca e, desta forma, mantén unha relación co antigo peirao que recorda a tradición mariñeira. O barco contará, entre outros xogos, con dous tobogáns, dúas estruturas para trepar, uns prismáticos ou un leme.
Bará tamén apuntou que se realizarán melloras das conexións para os peóns entre a praza do Peirao, a ponte do Burgo, a parada de autobuses e a rúa da ponte. Construirase unha beirarrúa na avenida de Uruguai para mellorar o acceso á parada de bus.
Dende o goberno local esperan que toda a obra poida estar finalizada en outubro cun investimento de 200.000 euros.