251 solicitudes para xantares e ceas na Feira Franca
Por Redacción
Unha vez que se pechou o prazo para presentar solicitudes para as instalacións durante a edición deste ano da Feira Franca, presentáronse na Oficina aberta no antigo Conservatorio 251 solicitudes para participar na festa con comidas e ceas. A esta cifra hai que sumar os postos de hostalaría que alcanzan as 121 solicitudes e os 128 presentados para instalar postos de mercado de produtos artesanais.
O número de solicitudes encóntrase moi aproximado aos que se rexistraron nas últimas edicións da Feira Franca que nesta ocasión se dedica aos inventos e se desenvolverá no centro histórico e o seu ámbito os días 6 e 7 de setembro.