En Valentín García Escudero hai gato encerrado
Por Natalia Puga
Os veciños do ámbito da praza de Valentín García Escudero mobilizáronse este luns para pedir a liberación dun gato. O animal quedou "emparedado" a raíz das obras realizadas polo Concello de Pontevedra para cubrir os restos arqueolóxicos localizados na zona e, despois de varios días intentando rescastarlo sen éxito, decidiron "no movernos de aquí hasta que tengamos una solución".
Os veciños descubriron a presenza do gato durante o fin de semana. "Una noche estábamos paseando por allí y sentimos 'miau, miau, miau'. Buscando encontramos de dónde salía. El gato quedó emparedado en las obras. Pusieron la gravilla y una malla de alambre para sujetarla y se quedó alli encerrado",explica unha das veciñas.
Segundo indica, durante o fin de semana intentaron sacar o gato, pero non foron capaces. Non puideron "nin darlo de comer", pois non hai ningún oco polo que meter a comida. Este luns "una chica trajo un sobre de comida y no hay opción de meterlo".
A primeira hora da mañá deste luns os veciños decidiron acudir ao Concello de Pontevedra para pedir unha solución. Segundo aseguran, o concelleiro de Patrimonio, Luis Bará, se desprazou ata o lugar e falou con eles, pero non lles axudou, "dijo que no va a pedir que quiten la piedra por un gato". "Dijo que la obra es muy complicada y costosa y ningún técnico del ayuntamiento va a dar autorización para moverlo", engadiron.
Esta reacción municipal sentou mal entre os veciños do ámbito, que indican que "es tan fácil como desengancgar una esquina de alambre" e liberar a saída. O gato segue miañando, "está miau miau miau", e os veciños temen que se segue así moito tempo pode falecer, de modo que decidiu non se quedar cos brazos pechados e facer garda e presión e a zona ata conseguir a liberación do animal.
"Vamos a hacer barullo, mientras no tengamos una solución no nos movemos de aquí", anunciaron a mediodía. Un par de horas despois, varios traballadores da empresa que executou as obras desprazáronse ata o lugar e conseguiron rescatar o gato.
Os obreiros indicaron aos presentes que lles enviara o seu xefe, non o Concello, e retiraron as pedras que impedían a saída do gato. Pouco antes das 16.00 horas liberaron a saída, pero o animal aínda tomou o seu tempo para saír definitivamente do ocoAsomó la cabeza y se metió otra vez", explicou unha veciña, que agradeceu a implicación dos traballadores que "dijeron que no se irían hasta que el gato quedase fuera, daba igual la hora".