A Feira labrega de Meis regresa ao pasado.. ou ao futuro?
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
Tal e como están as cousas o público xa non ten seguro se a Feira Labrega do Mosteiro en Meis é unha viaxe ao pasado ou unha proxección do que nos espera no futuro. Este era un dos comentarios que este domingo se repetían no recinto feiral do Mosteiro.
O propósito dos organizadores é retrotraer os veciños a aqueles tempos de principios de século XX en que o mercado de gando era unha verdadeira cita de tratantes de gando e a agricultura.
Labradores, ferreiros, carpinteiros, forxadores, panadeiros, aguardenteiros, afiadores ambientan esta curiosa cita na que o gando protagoniza todas as fotografías.