Marín ten ganas de festa
Por Diego Torrado & Redacción
A música de Pignoise, Robert Ramírez, Black Dog Rock Band e os marinenses Chrome fixo gozar o numeroso público que se achegou na noite do sábado ao Parque Eguren de Marín.
Mentres os máis bailóns compasaban o movemento das súas cadeiras ao ritmo da orquestra Illa, na verbena da Praza de España.
Marín arrincou con forzas as festas en honor da Virxe do Carme co pregón do doutor Bartolomé Beltrán na Alameda Rosalía de Castro.
O televisivo médico aludiu a temas tan de actualidade para a vila como o conflito que os mariñeiros expulsados do caladoiro de Mauritania e valorou a importancia do porto con mención especial para os empresarios Manuel Nores, Ceferino Nogueira e Pérez Torres.
Relacionadas:
-
A popular Batalla de Flores provoca caravanas á entrada de Marín
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Marín estará "en buenas manos": o doutor Bartolomé Beltrán, pregoeiro das Festas do Carme
Por Redacción |
-
Unha gala con Merche, David de María, Natalia ou Karina, plato forte das Festas do Carme 2013
Por Alejandro Espiño |