O PP pide "moderar" a presión impositiva sobre a Universidade de Vigo e se lles exima de pagar o IBI
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular pídelle ao goberno municipal que "modere" a presión sobre a Universidade de Vigo e que exima a esta institución do abono do IBI en relación aos edificios educativos con que conta no campus pontevedrés. Foi unha reclamación que fixo este mércores a viceportavoz dos populares, María José Rodríguez Teso, que volveu criticar a "voracidade recaudatoria" del Concello de Pontevedra.
A concelleira explicou que mentres noutras moitas cidades "danse todo tipo de facilidades ás universidades para o seu mantemento" e se lles concede algún tipo de exención total ou parcial nese imposto, caso de Santiago, Lugo ou Ourense, "aquí seguimos o camiño contrario", ao recordar que se lle pide non só os 26.000 euros deste ano, senón os 80.000 euros correspondentes aos tres últimos anos.
Rodríguez Teso afirmou que o goberno local "presume sempre de que o concello está moi saneado e que van sobrados e con medidas como esta demostra que non é así" e criticou que BNG e PSdeG-PSOE "que van de defensores da educación pública" non eximan á Universidade de este imposto para que eses cartos "os poidan destinar a fins educativos". De aí que subliñase que "non lles importa o ensino e non pelexan pola cidade".
Tras o frustrado proceso para construír o denominado Edificio das Artes na parcela da antiga Tafisa, derivado segundo o PP da "ineficaz xestión municipal" en relación coa parcelación dos terreos e que "dalgún xeito desactivou calquera posibilidade de investimento posterior" en Pontevedra por parte da Universidade de Vigo, a capital provincial "debería poñerlle unha alfombra vermella e contribuír ao seu normal desenvolvemento na difícil situación de crise económica que estamos a atravesar".
Con respecto á negativa do Concello a subir o IBI, algo que permite o Goberno nun recente decreto, María José Rodríguez Teso aplaudiu esta decisión municipal "aínda que Raimundo González non ten moita idea do que di", xa que sinalou que a opción de incrementar o IBI estivo en vigor ata marzo e o Goberno decidiu agora ampliar o prazo ata novembro "porque houbo algunha Administración, como a pontevedresa, que non se decatara".
En todo caso destacou que trátase "da primeira decisión positiva" que, para o Partido Popular, adopta o BNG nos últimos anos en materia impositiva nesta cidade, "aínda que tan só sexa a de renunciar a unha suba opcional que permite o Estado e que castigaría aínda máis aos pontevedreses no IBI, un tributo que xa viron dispararse nestes anos polo excesivo apetito fiscal de Lores e o seu equipo".