Comerciantes dubidan que as rebaixas axuden a salvar a tempada: "crisis y mal tiempo fueron un cóctel molotov"
Por Natalia Puga
"La crisis influye mucho, pero con el mal tiempo que hemos tenido ha sido mucho peor, todo junto fue un cóctel molotov". Con este panorama chegaron os comercios de Pontevedra ao inicio oficial do período de rebaixas de verán este luns 1 de xullo.
A análise faina a responsable da tenda de roupa Macos da rúa Benito Corbal. Este luns tivo "un poco más" de clientes que nas últimas semanas, pero malia que cada verán as rebaixas son un momento esperado para dar saída ao stock da roupa da temporda, este verán non confía neste logro: "Será difícil ya salvar la temporada".
En xeral, dende que puxeron á venda a roupa estival as vendas foron "entre un 15 y un 20% menores" que o ano pasado e ten a mesma previsión para os dous meses de descontos. A situación non é nova,"ya pasó lo mismo en las rebajas de invierno".
A visión desta comerciante non é unha excepción. O primeiro día de rebaixas presentaba en anos pasados cada 1 de xullo unha imaxe das principais rúas comeciales da cidade cheas de xente. Este luns víanse clientes con bolsas na man, moitos con tres e catro paquetes, a maioría de establecementos do grupo Inditex, pero os compradores ían folgados por Benito Corbal, Sagasta ou Michelena.
"Flojo para ser el primer día", valora a encargada da drogaría In Style da rúa Sagasta. Esta comerciante é máis pesimista en canto ás previsións de vendas: "La gente que entra no se va sin comprar, pero entran muy pocos" . Levan abertos menos dun ano, pero calculan que terán vendas dun "40% menos que en invierno".
Como na maioría dos comercios do centro de Pontevedra, no seu os descontos chegan ao 40 e o 50% (algún, como Blanco, xa ten o 70% porque empezou hai varios días e está xa nas segundas rebaixas). Malia o atractivo do prezo que ofrecen, "la gente no tiene dinero, está claro". Eles xa o notaron dende o inicio da tempada: "marzo, abril y mayo fueron nefastos".
A Federación de Usuarios-Consumidores Independentes (FUCI) calcula que os galegos gastarán este verán unha media de 70 euros nas rebaixas de verán, 11 máis que a media de 59 euros da tempada de verán de 2012. Malia que estas cifras parecen esperanzadoras, ten un matiz que realiza este mesmo colectivo: gastarán máis, pero este ano descende a porcentaxe de consumidores que comprará en rebaixas.
O presidente de FUCI, Gustavo Samayoa, achaca este aumento do gasto a que "é que
moitas persoas esperaron ás rebaixas para aproveitar os descontos e comprar o estritamente necesario , xa que son moi poucos os que teñen unha economía saneada para comprar durante a tempada normal". Esta explicación encaixa co panorama da responsable de Macos. Aínda que en rebaixas se venda, xa non se poderá salvar o que quedou nos estantes dende o inicio da tempada.A responsable da mercería Anabetti da rúa Sagasta corrobórao. No seu negocio aínda non colocaron os carteis de 'Rebajas' porque non tivemos tempo", pero si os colgarán no escaparate porque la venta de artículos de playa y hay que sacar todo lo de verano que tenemos".
Esta mercería non depende tanto das rebaixas para sacar stock do almacén porque "vendemos durante todo el año, son artículos que no son estacionales", pero si necesitan vender bañadores ou articulos de praia que"la gente este año no ha comprado todavía por el mal tiempo".