A Xunta anuncia que licitará este ano as obras de mellora na PO-308 entre Soutullo e A Lanzada
Por Redacción
O conselleiro de Infraestructuras, Agustín Hernández, anunciou este domingo en Sanxenxo que a Xunta licitará este ano as obras de mellora na estrada PO-308 entre Soutullo e A Lanzada.
O adianto do prazo de licitación está supeditado á cesión dos terreos por parte do Concello, que apura os últimos trámites ao respecto.
O proxecto de seguridade vial neste tramo de estrada conta cun orzamento de máis de tres millóns de euros e inclúe un novo paseo peonil, máis prazas de aparcadoiro na zona, un cambio de sentido e unha glorieta en dirección Portonovo.
Hernández explicou ademais que as obras se desenvolverán en tres fases diferenciadas ao longo dos 9 quilómetros afectados e non de xeito simultáneo, intentando reducir así as complicacións de tráfico e as molestias aos usuarios da vía nun tramo que conta habitualmente cun volume elevado de tráfico peonil.