Cervexa artesanal para todos os gustos en Barosa
Por Redacción
O #BarrocervexaFest xa pensa na súa segunda edición despois de estrearse en Barosa nunha intensa xornada de promoción das cervexas artesanais 100% galegas.
As fábricas Dama Alaricana, Adegas Menduiña, De Lago e Saramagal repartiron entre venda e cata preto de 500 litros de cervexa para todos os gustos de 10 variedades diferentes, para desfrute dos asistentes.
Na I Festa da Cervexas Artesanais de Galicia tamén brillaron os produtos con indicación xeográfica protexida de Galicia, como o Queixo Tetilla, San Simón da Costa, Pementos de Herbón ou Pan de Cea entre outros.