Pontevedra sobe sobre dúas rodas para animar a queimar graxa, non gasolina
Por Diego Torrado
Decenas de pontevedreses sumáronse na noite deste xoves á pedalada nocturna organizada polo colectivo Masa Crítica Pontevedra con dous fins que todo indica que se cumpriron, polo menos, entre os participantes: fomentar o uso da bicicleta e impulsar a súa boa práctica.
A cita foi ás 21.00 hora na praza da Peregrina co lema 'Quema grasa, no gasolina' e repetirase o último xoves de cada mes para lograr unha concenciación sobre aspectos da práctica da bicicleta como circular sempre pola calzada e evitar as beirarrúas.
O colectivo instalou previamente un punto de información na Peregrina e a partir das 21.00 horas a cita levounos a dar un paseo pola cidade e, máis tarde, a dar o salto a fóra da zona urbana cunha ruta nocturna coa colaboración da Policía Local.