Sálvanse as escolas unitarias do Salnés, pero pecha a de Poio
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Educación manterá abertas o próximo curso todas as escolas unitarias que conten con 6 alumnos matriculados. A día de hoxe, cos datos de matriculación provisionais dispoñibles, tendrá que pechar a Escola de educación infantil de Albar, en Poio, xa que ata estos momentos ten menos de 6 alumnos matriculados.
A nova estase a celebrar na comarca de O Salnés, onde estaban en perigo as escolas unitarias de Solobeira e Pedroso, en Vilagarcía, a de Covas, en Cambados, e a de Xil, en Meaño.
A Xunta fixo público un comunicado no que sinala que diante de posibles cambios nos datos de matriculación, a Consellería advirte que a cifra de escolas unitarias que finalmente haxa que suprimir que incluso pode ser menor á existente a día de hoxe- coñecerase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia no mes de agosto.
Igualmente, a Consellería quere chamar a atención a respecto de que, "como todos os anos, quedaron desautorizados os agoiros dos diferentes colectivos que certificaron a desaparición de escolas que van continuar abertas".
Segundo dí a Consellería no seu comunicado "trátase de organizacións interesadas en politizar o ensino, e en crear innecesariamente alarma, malestar e tensión onde non existe, para despois atribuírlle ás súas mobilizacións o feito de que os centros continúen co seu labor docente, continuidade que lonxe de deberse ás súas reivindicacións resulta da simple aplicación dun mesmo criterio de matrícula nos últimos catro anos".