Indignación entre veciños e comerciantes de Dena polas obras na PO-550
Por Oskar Viéitez
A Federación de Profesionais e Autónomos de Galicia e a Asociación de Veciños Santa Lucía están a recoller as queixas de numerosos veciños e comerciantes que teñen a súa actividade en Dena-Meaño, que trasladan o seu malestar polas obras de mellora que se están a levar a cabo nesa localidade na PO-550.
Os comercios e outras actividades que alí existen ven como as obras son "interminables" e comproban "indignados" como se están a eliminar prazas de aparcadoiro e se obstaculiza a normal circulación dos vehículos.
"ÿ inconcibible coa que esta caendo e que nos teñan acurralados coas obras tanto tempo, obras que non melloran para nada a situación da localidade e menos dos negocios xa que eliminan numerosos aparcadoiros e as medianas que construíron obstaculizan o tráfico," afirman os comerciantes.
Os afectados por esta obra aseguran que se lle está a rematar a paciencia e xa están a pensar en realizar "medidas de forza, para lograr que estes despropósitos teñan final e poidan realizar as súas actividades dunha forma normal e sen perder diñeiro cada día, para poder facer fronte ao pagamento dos seus impostos e demais cargas económicas".
"Si o quixeran facer a propósito non lle sairía mellor, parece que os técnicos fosen asalariados das grandes superficies, pois con tanto atraso e dificultades os clientes deixan de comprar na localidade," afirman "si isto segue así algúns autónomos manifestaron que terán que trasladarse a outra localidade, pois é insoportable aguantar económicamente tanto tempo e si ademais en vez de mellorar en aparcadoiros e facilidade de tráfico, aínda se complica máis, non quedará outro remedio que trasladarse a outro lugar, mentres tanto o Goberno Local mira para outro lado".
Nas súas críticas os residentes da zona detallan "que na rotonda que aínda non está rematada e xa houbo varios accidentes nesta". Unha representación veciñal trasladou as súas queixas ao equipo de Goberno Municipal de Meaño, e quedaron "estupefactos ao saber que pouco ou nada se esta facendo".