"Quen me roubou o mes de Setembro?"
Por Oskar Viéitez
Alumnos da Escola Oficial de Idiomas están a reunir firmas para esixir á Xunta de Galicia que manteña as dúas convocatorias de exames ás que daba dereito o pagamento dunha taxa.
Dentro das modalidades de matricula en todas as Escolas Oficiais de Idiomas hai a opción de matricularse por oficial como por libre, esta é unha resposta para todos aqueles alumnos que non conseguiron praza ao solicitala previamente e que desexan obter algunha certificación nos idiomas que se imparten (Inglés, Francés, Alemán, Portugués, Italiano, Chinés, Ruso...). Mesmo para aqueles que por diversos motivos desexaban facer dous cursos seguidos nun mesmo ano de cada nivel (Básico, Intermedio, Avanzado).
Ata o curso pasado 2011-2012, para estes alumnos que se matriculan por libre, aplicábase a mesma taxa que pagan os alumnos de oficial de 70 euros por cada idioma e tíñase dereito a dúas convocatorias de exames (xuño e setembro).
Pero "este curso, a Xunta, sen avisar previamente, quitou unha convocatoria aos alumnos que se matriculen por libre".
"Ademais de non nos informar dunha suba de taxas que nos espera para o curso seguinte 2013/2014 e deixando aínda no aire saber o que lles vai custar matricularse aos alumnos de libre este curso (xa que se calculará o prezo incluíndo as novas taxas) ".
Remata, Sergio Lorenzo, promotor desta iniciativa que "tenemos las E.O.I. con el precio más asequible para dar más oportunidades a aquellos que no se pueden permitir cursos en el extranjero o academias donde tienes que pagar muchísimo más. Con lo que, pedimos una vuelta de las dos convocatorias (Junio-Septiembre) así como de una mayor transparencia en las tasas académicas".