Ir a votar en cadeira de rodas
Por Anxo Lourido
Ás 8:30, Marcos encóntrase ás portas da sede da Cruz Vermella en Pontevedra. ÿ un traballador desta institución humanitaria que hoxe ten unha misión especial, a de trasladar a persoas con discapacidade ata os colexios electorais.
"Estou quentando a furgoneta", di. "Hoxe temos que adiantar este servizo porque, despois, coa maratón cortan todas ás rúas e non nos vamos poder mover polo centro."
ÿ a primeira vez que Marcos realiza esta función. Nesta xornada electoral non hai moito traballo. Só dúas persoas solicitaron este servizo, unha en Pontevedra e outra en Ribadumia. "Outros anos", di "ás solicitudes teñen sido moito máis numerosa. "
Ás 8:45, Marcos sóbese á furgoneta. "Hai que ir buscar unha señora a Juan Bautista Andrade e trasladala ao Pazo da Cultura." Por el camino, Marcos cuenta que "xa ás 8:10 atopei persoas pola rúa co voto na man... E co frío que vai."
Inicialmente, cústalle encontrar o edificio e cando o consegue, decide aparcar nunha rúa lateral. Chama á vivenda polo porteiro automático e, tras abrilo, agarda no portal " se non din nada é que agora a baixan", pero un minuto despois reclaman a súa axuda. Arriba agarda unha coidadora xunto a Elisa Casalderrey, unha muller de 79 anos, que ten xa a súa papeleta na man. Reclama o seu chal para saír de casa ben abrigada. Está toda ilusionada por ir votar.
Marcos axúdalle a baixar no ascensor. E entre a coidadora, o fillo de Elisa e o propio Marcos, a muller consegue baixar a escaleira na cadeira de rodas. Despois, resulta moito máis doado subir á furgoneta que está mecanizada. O fillo indica que Elisa leva tres anos indo a votar trasladándose grazas á Cruz Vermella. Solicítao previamente e "todo resulta moito máis sinxelo porque se vota por correo hai que solicitar un poder, ten que vir un notario á casa... ". Demasiadas complicacións.
A través desta fórmula, Elisa está no Pazo dá Cultura en tres minutos. Alí, sempre movéndose na súa cadeira de rodas na que ten que desprazarse debido a unha enfermidade, exerceu o seu dereito ao voto cun amplo sorriso na súa cara. "Eu sei dende hai tempo a quen teño que votar", di. E mentres a acompaña á furgoneta, o seu fillo sinala "pola noite estará pendente dos resultados das eleccións e do fútbol. Encántalle".
Son procesos que axudan a que este día resulte máis democrático, solidario e xusto. Marcos, trasládaa despois á casa. E a continuación irá en busca do veciño de Ribadumia que xa o está a esperar.