A Garda Civil de Sanxenxo toma declaración a un menor por publicar na Internet a foto doutro mozo espido
Por Redacción
A Garda Civil tomou declaración a un menor en Sanxenxo como presunto responsable dun delito contra a intimidade despois de comprobar que o mozo publicara na Internet a fotografía doutro menor de idade na que posaba espido.
A fotografía publicada polo rapaz fora exhibida a través dunha rede social. Segundo fontes do Instituto Armado, o menor foi trasladado a dependencias da Benemérita na xornada do mércores 5 de xuño onde prestou declaración ante os axentes e xa se encontra en liberdade tras prestar declaración.
A Garda Civil trasladou as dilixencias abertas á Fiscalía de menores ao entender que o mozo incorreu nun delito contra a intimidade e o dereito á propia imaxe.