Un profesor de instituto sofre unha esgazadura nunha man nun accidente laboral
Por Redacción
Un profesor do IES Montecelo, situado ao lado da Cidade Infantil Príncipe Felipe, tivo que ser trasladado este mediodía ao Hospital Domínguez tras sufrir un accidente laboral.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente produciuse sobre as 13.00 horas deste xoves e requiriu a comparecencia do 061 e as policías Local e Nacional.
Fontes policiais indicaron que o ferido é Javier G.E., de 45 anos, e sufriu o accidente cando estaba a traballar cunha máquina cepilladora nun taller de carpintaría do instituto.
Unha valoración inicial das lesións indicaba que o home sufrira un corte nunha man. Unha vez trasladado ao Hospital Domínguez púidose comprobar que presentaba unha esgazadura bastante profunda na man dereita.
En principio, o estado do ferido é menos grave, pero haberá que esperar a un estudo máis completo para coñecer se o corte afectou aos ligamentos e tendóns.