Localizan no porto de Marin 120 quilos de coca nun colector de bananas procedente de Costa Rica
Por Natalia Puga
Unha operación conxunta de varios Corpos de Seguridade do Estado e organismos policiais internacionais permitiu este luns intervir un alixo de 120 quilos de cocaína no porto de Marín.
Fontes da investigación indicaron que a cocaína viña a xeito de gancho cego nun colector de bananas procedente de Costa Rica.
Ata o momento non se produciron detencións e fontes policiais indicaron que resulta complicado dar cos responsables do alixo, que foi enviado polo método do gancho cego, segundo o cal os donos da droga a envían sen destinatario.
No operativo, bautizado como 'Bananas', colaboraron axentes de Greco-Galicia, o Servizo de Vixilancia Aduaneira de Vigo e a unidade UCO da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
O colector, que declaraba plátanos, inmediatamente desembarcado espertou as sospeitas dos funcionarios de Aduanas, que procederon á súa apertura e inspección. No seu interior encontrouse caixas cheas de plátanos.
Unha inspección en profundidade permitiu detectar no fondo do colector oito caixas que ocultaban no seu interior, mesturadas entre os plátanos, a droga embalada en pastillas de tamaño mediano.
Ademais, apareceu unha caixa cos precintos de seguridade da empresa consignataria que supostamente serían utilizados polo receptor da droga para volver pechar o colector unha vez que retirase a carga. Seguían na caixa porque ninguén chegou a recibir o envío.
A Axencia Tributaria informa de que a droga foi localizada grazas ás informacións facilitadas por unidades internacionais dedicadas á loita contra o tráfico mundial de cocaína. O operativo coordínano agora Xulgado de Garda de Marin e o fiscal Antidroga de Pontevedra, Luis Uriarte.
A operación enmárcase dentro dos habituais controis de mercadorías que se realizan no porto de Marín e en especial naqueles colectores que veñen de aéreas de risco ou ben considéranse sospeitosos tras unha análise de riscos.
As investigacións seguen abertas e non se descartan próximas detencións. A droga incautada foi posta a disposición xudicial.
Relacionadas:
-
Dous arousanos e un colombiano condenados a seis anos e medio de prisión por introducir coca polo Porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Seis detidos nun operativo antidroga no porto de Marín
Por Natalia Puga |
-
Un agasallo de 'cumpleaños' con cocaína sorpresa
Por Redacción |
-
Interceptan 103 quilos de cocaína ocultos nun colector de plátanos no Porto de Marín
Por Redacción |
-
Costa Rica aclara que a cocaína que chegou ao porto de Marín oculta entre bananas non era súa
Por Natalia Puga |
-
As bananas do alixo de cocaína de Marín rematan en Cáritas
Por Natalia Puga |