Detido un mozo de 19 anos como presunto autor dun roubo nunha casa da zona monumental
Por Redacción
Un mozo de 19 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun roubo con forza nun domicilio da cidade.
Os feitos remóntanse ao día 22 de maio, cando a propietaria dunha vivenda da zona monumental denunciaba o roubo no interior da súa vivenda.
Ao parecer tras forzar o portal de acceso ao edificio e posteriormente a porta da vivenda subtraeron un televisor de 32 pulgadas, un teléfono móbil e a carteira coa documentación correspondente da denunciante.
Os obxectos subtraídos foron valorados pola propietaria da vivenda nuns 500 euros e os danos en 100 euros.
O día 29 de maio sobre as 11.40 da mañá os axentes da Comisaría Provincial de Pontevedra detiveron ao presunto autor nas inmediaciones do seu domicilio por un delito de roubo con forza.
Unha vez en dependencias policiais foi tramitado o correspondente atestado policial, no que o detido foi oído en declaración.