O xuíz decreta prisión para 12 dos detidos na operación Albatros contra o narcotráfico
Por Diego Espiño
Despois dunha intensa xornada de declaracións, prolongada na mañá do domingo, o xuíz de garda do Xulgado de Instrución de Vigo finalizou a primeira rolda de interrogatorios da operación Albatros contra o narcotráfico, un dispositivo desenvolvido tras interceptar un barco no Oceáno Atlántico con 3.400 toneladas de cocaína e que se dirixía ás Rías Baixas.
Despois dos seis acusados enviados a prisión na xornada do venres, as declaracións continuaron durante todo o sábado, ata ben entrada a madrugada, e a mañá do domingo, cun saldo de oito detidos máis enviados a prisión sen fianza e catro acusados postos en liberdade con cargos.
En total o xuíz decretou o ingreso en prisión de 12 dos 17 detidos que pasaron polo xulgado, entre os que se encontran o vilagarciano Marcos Vigo ou o narcotrafincante de Sanxenxo Antonio Carballa. O resto de detidos, ata facer un total de 21, todavia chegarán nuns días a Galicia ao ter sido arrestados en alta mar.
A todos os detidos se lles imputa un delito contra a saúde pública por tráfico de substancias que causan grave dano á saúde pública agravado pola contía do comiso, uso de buque e pertenza a unha asociación delituosa, segundo confirman fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O amplo dispositivo policial, no que participaron máis de 100 axentes de diferentes servizos coordinados polo GRECO-Galicia e a Unidade de Drogas e Crime Organizado (UDYCO), derivou tamén na intervención de dúas armas de fogo, outra de balotes e unha simulada, teléfonos móbiles, ordenadores, uns 5.000 euros en efectivo e varios vehículos.
Relacionadas:
-
A avaría dun veleiro de Moaña frustrou a entrada nas Rías Baixas de 3.400 quilos de cocaína
Por Natalia Puga |
-
Prisión sen fianza para seis dos 21 detidos no alixo de 3.400 quilos de cocaína da operación Albatros
Por Natalia Puga |
-
Elevan a 21 os detidos no último golpe ao narcotráfico en alta mar e as Rías Baixas
Por Natalia Puga |