O pontevedrés Victor García, finalista na Interuniversitaria de Emprendedores co proxecto Golpedirecto.com
Por Diego Espiño
Golpedirecto.com é un portal multiplataforma no que se poden encontrar noticias de diferentes modalidades deportivas e no que ademais hai espazo para unha radio e unha televisión propia.
A idea parte do almeriense Ángel Luque pero o director do portal é o pontevedrés Víctor García Varela, estudante de cuarto de periodismo na Universidade Camilo José Cela. Ambos os dous participaron na final da V Edición Interuniversitaria de Emprendedores celebrada hai uns días na Cámara de Comercio de Madrid, despois de ser seleccionados entre máis de 100 proxectos universitarios de toda España.
Aínda que non conseguiron levarse o premio de 15.000 euros co que estaba dotado o concurso, estar entre os 15 finalistas foi unha experiencia que para Víctor García foi tremendamente positiva, "es un éxito sólo llegar hasta aquí, este es un proyecto pequeño y humilde pero ambicioso".
Como non podía ser doutra forma Víctor, fillo do adestrador de balonmán Víctor García Borrás "Pillo", apostou por un proyeco moi ligado ao deporte e que agora esperan seguir desenvolvendo, "nos volcamos con el concurso pero ahora estamos buscando la manera de dar un paso adelante e intentar convertirlo en empresa. La universidad nos ha ayudado mucho y gracias al concurso nos han puesto a nuestro alcance consultores y expertos en comunicación".
A tarefa non é sinxela, pero o pontevedrés confía plenamente na idea e nas novas canles de comunicación, "estamos en una época de cambios, la gente se informa a través de los digitales o gratuitos. Marca o As adelantan información para después venderla más amplia al día siguiente, pero nosotros creemos en otro sistema".
O portal Golpedirecto.com conta nas súas filas con 15 colaboradores máis, entre os que se encontra outro estudante lerezano, Pablo Dacosta, implicados na redacción de noticias e na elaboración dun programa de radio semanal que se realiza en directo cada mércores (de 16:30 a 18:00 horas) e emítese na web, utilizando ademais a frecuencia local cedida por Onda Villanueva, en Villanueva de la Cañada.