A previsible fusión das súas estruturas en Pontevedra e Arousa, a debate no congreso de UGT-Galicia
Por Oskar Viéitez
O congreso de UXT-Galicia reunirá en Santiago de Compostela, do 31 de maio ao 1 de xuño, a 300 delegados do sindicato de toda a comunidade para elixir ao seu próximo secretario xeral para os próximos catro anos. A cita contará coa participación do secretario xeral da organización no ámbito nacional, Cándido Méndez.
Entre as propostas que abordará a Comisión de Estatutos do congreso está a posibilidade de crear dúas grandes delegacións na provincia de Pontevedra, unha no Norte, que resultaría da fusión das comarcas de Pontevedra e Arousa, e outra no Sur, que sería para Vigo.
Esta proposta suporá un cambio estatutario importante no que se leva traballando desde hai meses. O seu debate está previsto para este venres a partir das 18.00 horas.
A división que vive a unión comarcal de UXT-Vigo provocou que finalmente non leven ao congreso a proposta do seu secretario xeral, Antonio Juste, de eliminar as unións comarcais de Pontevedra e Arousa para centralizar toda a actividade sindical na cidade olívica.
Segundo valorou Ramón Vidal Trillo, Secretario comarcal de UXT en Pontevedra, "a actual situación de crise está a acelerar as fusións, e a de Pontevedra e Arousa non será a única proposta neste sentido que se plantexe no congreso".
Os delegados de UXT en Pontevedra que acudirán ao congreso galego preparaban este mércores a documentación coa que acudirán á cita.
O actual secretario xeral de UXT Galicia, José Antonio Gómez, optará á reelección por terceira vez consecutiva como líder do sindicato para o que conta co respaldo de federacións con gran número de representantes como son servizos, transportes ou química-alimentación.