169 anos de Garda Civil en Pontevedra
Por Diego Espiño
A Garda Civil de Pontevedra celebrou este venres o 169 aniversario da fundación do corpo nun pequeno acto na Comandancia local.
Na cerimonia, á que asistiron diversas autoridades e representantes do resto de forzas de seguridade, sete axentes foron distinguidos coa Cruz da Orde do Mérito con Distintivo Branco, concretamente o tenente Juan Antonio Gutiérrez Martín, o sarxento Miguel Silva Barros, os garda civís Daniel Carral Miguélez, Manuel Pérez Castro, Eduardo Sánchez Martínez, e os axentes en reserva Demetrio Penabad Enríquez e o sarxento 1º Javier Sobrado Vázquez.
Tamén se entregou un diploma de agradecemento polos servizos prestados durante a súa carreira profesional a seis compañeiros retirados: Manuel Veiga Gómez, Ignacio Carballal Domínguez, Ramón Gómez Rodríguez, Antonio Rodríguez Paredes e ao capitán Jesús García Rodríguez.
O acto pechouno o coronel xefe da Comandancia de Pontevedra, Manuel Dabó Soler, quen defendeu o labor que continúa realizando o corpo e que, asegura, segue cumprindo os obxectivos cos que a Garda Civil se fundou en 1844.