Feijóo: "O futuro de Pontevedra será exactamente o que a cidade queira"
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou este xoves o seu convencemento de que "o futuro de Pontevedra será exactamente o que a cidade queira, porque existen na capital do Lérez conciencia crítica e sentido cívico dabondo para descartar imposicións e agardar o triunfo da maioría".
O xefe do Goberno galego fixo esta afirmación durante o acto de entrega dos premios que concede o Diario de Pontevedra. Un evento no que estivo acompañado, entre outras autoridades, do director de Ence en Pontevedra, Antonio Casal e do director general de Novagalicia Banco, Juan Díaz Arnau, en cuxo centro social celebrouse o acto.
Ás portas deste recinto agardaban medio cento de afectados polas preferentes e subordinadas vixiados por un gran dispositivo policial. Ao termo do acto, os afectados conseguiron falar co presidente da Deputación a quen reclamaron unha reunión con NovaGalicia Banco co propio Rafael Louzán como mediador.
A portavoz da plataforma de Marín Pontevedra, Rosana Prado, sinalou que as arbitraxes están completamente paralizadas dende hai dúas semanas.
Segundo os datos de Novagalicia, actualizados a 21 de maio, 16.122 familias recuperaron os seus aforros a través da arbitraxe, mentras que o número de sentenzas xudiciais que obrigaron ao banco a devolvelo diñeiro invertido ascende a 80.
Novagalicia Banco comunicou que "porá a maquinaria" do canxe de participacións preferentes e obligaciones subordinadas "en marcha" en cuanto o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB), socio maioritario da entidade, determine as formas e os prazos nos que se desenrrolará o proceso, "previsiblemente en torno a mediados de xuño, co obxectivo de telo concluido no mes de xullo".