Chegan as obras ao último tramo da avenida de Vigo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra iniciará nos vindeiros días obras de mellora da seguranza viaria e da accesibilidade na avenida de Vigo, tal e como acordara o concelleiro Luís Bará e Carmen Fouces cos representantes veciñais da zona.
Os arranxos, que comezarán inmediatamente despois do remate das obras en Eduardo Pondal, consisten na creación ou reforma de beirarrúas e pasos de peóns.
Actuarase na beirarrúa (fronte ao supermercado Froiz) antes da rotonda da avenida de Vigo, para resolver afundimentos do pavimento.
Tamén se reconstruirá a beirarrúa entre os números 53 e 57 da rúa, dado que hai unha diferencia de ancho neste punto, e o firme atópase en mal estado.
Tamén é necesario mellorar o paso de peóns entre os números 61 e 68, e crear un novo paso de peóns ao final da rúa, fronte aos números 90 e 92 dado que a esa altura non existía ningún paso até o final da avenida.
A obra tamén contempla a mellora das beirarrúas no entronque da rúa Luís Seoane (nos números impares) para eliminar as barreiras arquitectónicas.
O proxecto completarase coa colocación da sinalización horizontal e vertical precisa en toda a avenida, e complementaria das actuacións que agora se van realizar.
O concelleiro Luís Bará dijo ser consciente de que a avenida necesita unha actuación en profundidade, de reforma urbana, pero que non se acometerá até despois da construcción do desdobramento, cuxos primeiros traballos poderán iniciarse este ano.